Tuesday 30 de April de 2024

Inés Rey recibiu ao artista Joan Manuel Serrat, que asinou o Libro de Ouro do Concello na previa do seu concerto no Coliseum


O artista Joan Manuel Serrat visitou hoxe o Concello da Coruña, onde foi recibido pola alcaldesa, Inés Rey. Serrat asinou no Libro de Ouro unha emotiva dedicatoria, comezando polos versos de Antonio Machado que tanto cantou ao longo da súa carreira: “Caminante no hay camino, se hace camino al andar”.

Serrat proseguiu a súa dedicatoria con palabras de agradecemento, “con la gratitud a Galicia y en especial al pueblo de A Coruña, por toda la complicidad y el cariño que recibí a lo largo y ancho de todos los años que pasamos juntos, siempre con alegría”.

No contexto do acto, ao que asistiron diversos membros da Corporación municipal, a alcaldesa obsequiou a Joan Manuel Serrat cunha escultura de María Pita de Sargadelos, como lembranza do seu paso pola cidade, que Serrat alabou como un recordo magnífico.

O artista catalán actúa esta noite de venres no Coliseum, ás 22.00 horas, nunha cita moi especial enmarcada na súa xira de despedida.